Como falar de sexualidade
O habitual é que un pai ou unha nai non considere que é necesario exporse a necesidade da Educación Sexual ata que xorden "as primeiras preguntas", ou ata que descobre ao seu fillo ou filla acariñándose os xenitais. É entón cando se expoñen que algo hai que facer e cando xorden as dúbidas sobre se moito ou pouco, se permitir ou reprimir.
Pero antes hai que deterse noutro detalle: a educación sexual non estaba por empezar, a educación sexual xa empezara. Non estamos a falar agora da vella idea de que "sempre se educa" e de que é imposible non educar, de que se educa co que se fala e co que cala, cos xestos tanto como co silencio, co exemplo, ...
Agora, e posto que falamos de Educación Sexual, referímonos a que se educa cos abrazos, coas caricias, coas mostras de afecto, co contacto pel con pel... e isto empézase a educar no berce. Moito antes das preguntas ou os "tocamentos".
Cando se toma a un/a bebé en brazos está a empezar a aprender a querer e ser querido/a, a ter seguridade nos/as demais, e a expresar emocións e recoñecer as alleas, hai algo que sexa máis necesario para a educación sexual que todo isto?. Pódese ser moi feliz sabendo pouco dos xenitais ou do proceso de fecundación, pero todos sabemos que é moi difícil ser feliz sen saber expresar o que sente. Por iso, o realmente importante vai por aí. Precisamente por un lugar polo que case todos pasamos sen ser demasiados conscientes do que significa. Por tanto, o que se habería que procurar é que o paso dos anos non vaia eliminando as mostras de afecto nos fogares. E que nenos e nenas poidan seguir expresando os seus sentimentos a propósito de que esa persoa adulta que lles quere vai facer todo o posible por entendelos/as e acollelos/as. Polas mesmas razóns, se esas persoas adultas expresan tamén os seus sentimentos estarán a ser "bos modelos". E se lembramos que o obxectivo era "coñecerse, aceptarse ...." Imos en boa dirección.
Dando todo isto por certo xa temos outro punto de partida. Xa non se trata de empezar a facer Educación Sexual, trátase de continuar o que, case con toda seguridade e como xa dixemos , soubemos empezar da mellor das maneiras posibles.
Algúns erros comúns
A falta de coñecementos sobre como levar a cabo unha correcta educación sexual xerou, en moitas familias inquietude a medida que os fillos/as crecen. Polo que en ocasións poden caen nun serie de erros, froito máis dunha actitude social que dunha postura persoal. Unha revisión dos máis frecuentes será imprescindible para colaborar tanto na desmitificación dalgunhas concepcións erróneas, como ofrecer alternativas.
- Apréndeno sós/as: Son numerosas as familias que manifestan un certo desinterese cara ao tema, na confianza de que se eles/as aprenderon no seu momento, con maior facilidade o farán os seus fillos/as, xa que dispoñen de máis oportunidades. Consideran que o poden aprender sós/as, pois é normal que os mozos e as mozas falen entre eles/as e e ademais, en moitos casos estes temas son tratados tamén na escola. Independentemente dalgunhas actitudes particulares cara á educación sexual, é certo que aínda existe un elevado nivel de desinformación sobre como actuar desde a familia, o que favorece que pais/nais con poucos recursos persoais se desentendan en parte do problema. É probable que os/as adolescentes aprendan moitas cousas pola súa conta, pero ninguén pode garantir que o que aprendan sexa correcto nin veraz.
- Diante dos nenos/as non: A expresión de afecto entre unha parella, un bico ou un abrazo, pasear colleitos da man, etc. poden ser contemplados polos fillos/as como unha mostra de cómo se comportan os adultos en relación coa afectividade, e proporciona un maior número de probabilidades de que cando eles/as crezan se comporten de modo similar. Pola contra, evitar a expresión de afecto diante dos nenos/as prívalles dunha importante aprendizaxe que, a partir da adolescencia, é posible que atopan a faltar.
- Os nenos/as son aínda moi pequenos/as: Cando os nenos/as son pequenos aprenden non tanto polo que oen senón polo que ven. Por tanto, aínda que non falemos cun neno/a de 3 anos de sexualidade, igualmente estamos a educalo/a. A transmisión de actitudes cara á sexualidade realízase a través dunha gran cantidade de situacións cotiás ás que, en xeral, non damos importancia como pode ser a vivencia do propio corpo.
- A sexualidade comeza na puberdade: Como a concepción xeral é que o inicio da sexualidade é post-puberal, a maioría de pais/nais non se expoñen seriamente o tema ata que os seus fillos, e especialmente as súas fillas, entran na puberdade. A maioría das veces é un pouco tarde, pois tiveron que pescudar pola súa conta aquilo que desexaban coñecer, o que pode provocar que se mostren remisos/as a falar. Para que poida producirse o diálogo entre pais/nais e fillos/as cunha certa facilidade na puberdade e inicio da adolescencia, o diálogo debe ser unha práctica corrente na infancia. De todas as maneiras, ningún neno ou nena debería chegar á puberdade sen unha mínima información sobre os cambios que se producen nesta.
- Teñen toda a información que queren: Pensar isto fai que moitos adultos se liberen en parte da súa responsabilidade. Poida que dispoñan dun grao de información impensable noutras épocas, pero é a correcta?. Mesmo cabería engadir que esta información a miúdo produce un maior grao de confusión, pois contén en moitos casos datos que se contradín e ante os cales o/a adolescente non dispón de criterios para elixir convenientemente.
- Sexualidade igual a reprodución: Moitas das explicacións que os adultos damos aos nenos e nenas sobre sexualidade refírense a diversos aspectos da reprodución; e curiosamente, ensinámoslles que hai que facer para ter fillos pero, habitualmente, non lles explicamos que hai que facer para non telos. Ademais, deberiamos considerar que para os/as adolescentes os temas que realmente son relevantes refírense en maior medida aos aspectos psicosociais da sexualidade, non os biolóxicos.
- A educación sexual incita á práctica sexual: Nada máis falso. A educación sexual é unha axuda no sentido de que fomenta a responsabilidade dos/as adolescentes, máis aínda se temos en conta que o feito de dispoñer de información adecuada sobre un tema permite que as decisións que eles tomen estean baseadas no coñecemento da realidade, das distintas opcións posibles e das súas consecuencias.
- Só pensan no sexo: Aínda que pode ser certo nalgúns/as, non por iso é posible a xeneralización. É certo que manifestan posturas máis abertas cara á sexualidade, o cal lles evitará conflitos innecesarios, pero, tamén consideran que a sexualidade é máis ben unha cuestión de moralidade privada que pública ou, dito doutro xeito, que está en relación a unha ética e a unha maneira de facer e pensar persoal.
- A sexos diferentes, tarefas diferentes: Os pais e nais, como educadores, deben axudar aos seus fillos/as para aceptar o seu sexo e a adaptarse a el. Esta tarefa só se pode levar a cabo a través dunha educación igual para mozos e mozas, que evite calquera tipo de conduta discriminatoria. Unha boa aceptación do propio sexo estará en parte fundamentada en que este non sexa vivido con desvantaxe con respecto ao outro.
Ideas sinxelas á modo de guía á hora de falar cos nosos fillos/as
- Ante todo deixar claro, que con nós pódese falar: se é que eles/elas tamén queren.
É importante crear unha atmosfera positiva e de confianza. A nosa actitude fronte ás primeira/as pregunta/as vai a condicionar a posibilidade de que no futuro existan máis. Pero, aínda que atendamos debidamente as súas preocupacións e dúbidas, isto non nos asegura que nos sigan preguntando, sobre todo durante a adolescencia. Debemos aceptar que unha persoa nova teña secretos inviolables ou que nunha determinada etapa busque outros interlocutores para falar. Pero debemos tratar de falar daquelas cousas que creamos son importantes. E cada cal debe decidir libremente canto "desexa" dicir.
- Non vale a imposición:
¿Significa iso que debemos asistir impasibles ao desenvolvemento da sexualidade dos nosos fillos/as?. Por suposto que non, só que as nosas intervencións teñen que partir da idea de que nosa forma de entender a sexualidade non ter por que ser igual. É totalmente lexítimo facerlles ver como a entendemos e,seguramente, no proceso de madurez atópemos nos un punto de encontro. Temos que darlles tempo "para chegar a ser".
- O afecto e o cariño son básicos para adquirir confianza e seguridade:
Afirmación que é válida para calquera idade, só varía a forma de manifestar o noso afecto: caricias, abrazos ou simplemente coas palabras, pero que as nosas fillas e fillos se sintan queridos/as e valorados/as. Pode ocorrer que eles e elas non saiban correspondernos ou non o fagan no momento en que a nós/as gustaríanos ou da forma máis "visible". Non debemos darlle importancia e si a estar receptivos cando eles e/ou elas nos manifesten o seu afecto.
- Naturalidade:
Debemos estar preparados/as para abordar os temas relacionados coa sexualidade dende a proximidade e ca mesma linguaxe que utilizamos para falar doutras cuestións da vida cotiá.
- Mostrar atención, interese, que importa:
Hai que saber escoitar e ter boa disposición, a mesma que esperamos recibir. Prestemos toda a nosa atención, deixémolos/as intervir, sen interrompelos/as. Hai que responder a todas as preguntas con sinceridade. Hai que escoitar "co oído e a mirada".
- Manter unha actitude positiva:
Debemos de evitar o ton crítico e o desacordo non razoado e irrespectuoso e dar criterios e alternativas dicindo os "porqués" e tratar de non facer xuízos de valor.
- Facer un esforzo de comprensión para saber interpretar:
A nosa experiencia pode ser dunha gran axuda se sabemos situala no lugar debido. Os fillos, as fillas a miúdo son espellos onde nos podemos ver reflectidos/as, e isto que debería facilitar a comprensión, pode volverse en contra ó proxectar neles/as as se as frustracións que puidemos sufrir no noso "proceso sexual". Compartir con eles/as que tamén tivemos dúbidas e de incertezas pode supoñer unha contribución importante ao seu proceso de autocoñecemento. Ao explicarlles como as superamos, demostrámoslles tamén que "facer o ridículo", por exemplo, non é o fin do mundo, aínda que nese momento así o sentan.
- As preguntas non sempre chegan:
Sobre todo nalgunhas fases da adolescencia. Nalgúns temas non hai que esperar a que nos pregunten, pero hai que elixir o momento e a forma máis axeitada. Temos que ter en conta que existen outras fontes de información (amigos/as , medios de comunicación, escola, internet,...) ás que poden acudir.
- O importante é a nosa actitude:
- Vixiar os roles de xénero: debemos vixiar para ser conscientes das actitudes sexistas cos nosos fillos/as, e reflexionar sobre o que toleramos nun fillo ou nunha filla, o que lle aprendemos,... Nós, coma modelos de referencia temos que "neutralizar" a influenza dos roles para aproveitar plenamente as potencialidades duns e doutras.
- A liberdade e a responsabilidade: os nosos fillos/as deben aprender a decidir sobre as cousas que máis lle afectan. Gozar de liberdade é clave para madurar e non significa todo "vale". A nosa actitude ten que ir no sentido de reforzar a capacidade que todo mozo/a ten para tomar decisións, para o quen temos que dar unha marxe de confianza ampla e vencer os nosos medos. Deixándolles claro, que cando queiran poderán ter a nosa axuda, consellos, ... pero a decisión debe ser persoal, non de "terceiros".
- Non facer da sexualidade un problema: un risco común é referirnos a prevención de infeccións de transmisión sexual, embarazo non desexado,..... o que pode facer que rexeiten os noso "discurso". Polo que debemos estar en sintonía cos intereses e sentimentos dos nosos fillos/as, demostrando sensibilidade e así poder transmitir a mensaxe.