Teléfono móbil
Os nenos/as, a idades cada vez máis tempranas, demandan aos seus pai/nais un teléfono móbil propio. Os pais/nais séntense presionados polos seus fillos/as, que á súa vez o están por amigos/as e compañeiros/as, porque consideran que ter móbil significa pertencer ao grupo; é un aparello que pode proporcionarlles prestixio, poder e éxito fronte ao resto dos compañeiros/as pero, si non saben utilizalo, tamén pode crear moitos problemas. Por iso, os proxenitores, antes de dar ao seu fillo/a un móbil, deben evaluar si o menor ten a madurez e responsabilidade necesarias.
Si finalmente llo dan, os pais/nais deben educar aos seus fillos/as no uso responsable do móbil, non só no que ao gasto refírese, senón tamén na utilización de accesorios como cámaras, grabadoras, descargas de Internet ou outros. Non hai que esquecer que a grabación e difusión de imaxes require a autorización das persoas implicadas. Si non é asi, pode supor un delito polo cal o/a menor podería ser denunciado, xulgado e sancionado. É importante explicarlles ata que punto o seu comportamento debe ser correcto, sobre todo no que incumbe á intimidade dos demais.
Recentemente as operadoras de telefonía móbil puxeron a disposición dos proxenitores unha serie de ferramentas de control e prevención de situacións conflictivas tales como teléfonos con localizador para saber onde se atopa o/a menor; servizos de cobro revertido para que poidan chamar aínda que non teñan saldo, mecanismos de restricción de chamadas e mensaxes, e servizos de filtrado e uso restrinxido de contidos de Internet. Para coñecer os servizos que ofrece cada operador hai que poñerse en contacto directamente cos seus teléfonos de información, onde nos explicarán todas as posibilidades ao noso alcance. Malia as posibles vantaxes ou inconvenientes ao elixir un teléfono móbil, no caso dos/das menores considérase máis adecuada a opción do contrato. Deste xeito, de forma periódica, imos poder saber que é o que fai o noso fillo/a co móbil. Lendo a factura teremos unha información moi completa.
Orientacións para educar os fillos/as nun uso responsable
- Observa o uso que o teu fillo/a fai do móbil.
- Ensínalle a utilizalo só cando sexa necesario e non haxa outra forma de comunicarse.
- Pídelle que as súas conversacións sexan curtas.
- Pon un límite de gasto mensual e de tempo de uso do móbil.
- Faille responsable do gasto que xera o seu móbil.
- Dálle a coñecer as tarifas telefónicas. Para que se faga responsable do gasto é necesario que coñeza as tarifas de cada actividade que realiza co teléfono: horarios máis caros de chamadas, custo de establecemento de chamada ou minuto de conexión, custo de envío de mensaxes de texto ou multimedia, prezo de descárgalas e outras utilidades.
- Non lle permitas superar vos límites de tempo ou diñeiro establecido. A solución é sinxela no caso do gasto: non permitirlle recargar a tarxeta ou, si ten contrato, superar o gasto mensual establecido. O máis complicado ao comezo do seu uso será o límite de tempo.
- Esíxelle que apague o teléfono cando non o necesite ou non poida utilizalo: mentres estuda, está no colexio, come en familia ou dorme, é mellor telo apagado.
- Non permitas que realice descargas de videos, politonos ou intercambio de arquivos de forma continua.
- Infórmalle dos riscos que conlleva ter o Bluetooth activado. Calquera podería enviarlle un virus que estropee de xeito fulminante o móbil, por iso, Debe activalo únicamente para intercambiar algún arquivo e logo volver desactivalo.
- Intenta que o teléfono móbil non che separe dos teus fillos/as por ser un instrumento ou unha linguaxe que descoñeces.