Familia ante as drogas

Familia ante as drogas

¿Posición familiar ante as drogas?

É sumamente importante que asumamos a nosa responsabilidade como pais/nais e teñamos unha posición clara ante as drogas e que lla saibamos transmitir ós nosos fillos/as. Temos que ter en conta tres aspectos claves no establecemento da posición familiar ante as drogas:

  • Os pais/nais somos modelos ante os nosos fillos/as: Mediante a observación directa os fillos/as imitan as condutas dos pais/nais en moitos ámbitos e o consumo de drogas non é diferente a outras condutas. Por isto, temos que ter moi presente que a existencia de pais/nais consumidores (sobre todo en relación ó alcohol e tabaco, onde a posición familiar é as veces menos firme) é un importante determinante da aparición do consumo en adolescentes. As investigacións demostran que a relación entre o consumo de drogas dos pais/nais e consumo dos fillos/as non se limita ás sustancias empregadas polos pais/nais senón que se estende a outras sustancias, aínda que os pais/nais desaproben claramente o consumo das mesmas. Unha explicación a isto é que os fillos/as aprenden que se poden empregar certas sustancias para modificar o estado físico e emocional.
  • As expectativas cara ó consumo deben ser claras e coherentes: Na sociedade na que vivimos existen, por desgraza, modelos de conduta inapropiados en canto ó consumo de drogas que están a influír nos nosos fillos/as. Unha forma de diminuír esta influenza negativa é que na nosa familia existan unha serie de normas explícitas e claras acerca das drogas e da relación con elas. Para isto, o primeiro que debemos ter claro que é o que esperamos dos nosos fillos/as en relación ás distintas sustancias e ante situacións problemáticas relacionadas. Logo debemos transmitir apropiadamente que esperamos deles/as, sen empregar imposicións ou ameazas xa que poden xerar reaccións negativa (sería interesante que miaras o apartado de comunicación desta mesma páxina).
  • Establecemento dunhas normas claras e específicas sobre o consumo de drogas: O cumprimento das normas dependen, en gran medida das consecuencias que esperamos do seu cumprimento ou transgresión. Polo que é necesario que os nosos fillos/as saiban que o cumprimento das normas levará consigo unha serie de vantaxes, mentres que o incumprimento asociase a unha serie de consecuencias negativas. Non se trataría de establecer unhas consecuencias específicas para cada situación, senón que os nosos fillos/as teñan claro que o cumprimento das normas faría aumentar a nosa confianza neles/as, polo que gañarían autonomía e, a transgresión das mesmas levaría asociado a perda de confianza e polo tanto de autonomía polo que o control sobre eles/as aumentaría ata que volvesen a gañarse a nosa confianza.

¿Como falar de drogas?

Os momentos nos que falar os nosos fillos/as sobre drogas son importantes, convén escollelos axeitadamente. Non tería sentido falar continuamente ou sen motivo. En xeral, é axeitado falar de drogas cos os fillos/as:

  • Cando o tema xurde espontaneamente: por exemplo a raíz dun programa de televisión.
  • Se preguntan sobre o tema: sempre se debe dar resposta ás preguntas dos fillos/as.
  • Sempre que haxa un motivo que o xustifique: por exemplo a primeira vez que o fillo/a saia de noite,...

As formas nos que se pode falar en familia sobre os riscos do uso de drogas son variados, sempre tendo en conta as seguintes pautas:

  • O tipo de información que demos debe estar adaptada á idade, a súa personalidade, as súas experiencias, o seu grado de información previa e as súas necesidades.
  • A información debe ser obxectiva, veraz e realista. É importante non dramatizar. Recorrer ó medo pode ser ineficaz e incluso contraproducente.
  • Non converter a conversa nun discurso dos pais/nais ós fillos/as.
  • Deixar que os fillos/as se expresen libremente e evitar que existan temas tabú, o pais/nais deben escoitar as opinións dos fillos/as aínda que non lles gusten. Escoitar de forma atenta e respectuosa as opinións dos fillos/as, servirá para coñecer como pensan e como actúan en este tema. A partir de aí poderanse establecer acordos e os fillos/as estarán mais implicados nas decisións que se tomen.
  • Evitar que os fillos/as vivan as conversas como interrogatorios: "¡quen che ofreceu", "¿onde?"...
  • Non esgotar o tema nun só día: pois poden pasar dúas cousas:

    • Que as cantidades das mensaxes perdan intensidade, que se sintan acosados/as e que admitan estar de acordo para terminar o antes posible.
    • Que creamos haber resolto o problema e non sigan abordándoo.