Consumo

Consumo

¿Por que se consomen?

É difícil responder esta pregunta, xa que cada persoa é diferente e, por conseguinte, cada unha persegue algo distinto cando toma drogas: experimentar algo novo, animarse e divertirse, esquecer problemas, superar a angustia ou a tristeza, relacionarse mellor cos demais, etc.

Ademais, algúns mozos/as toman drogas e outros/as non, algúns/as acaban tendo problemas, mentres outros/as se limitan a probalas, deixando logo o consumo sen maiores consecuencias. Polo que temos que coñecer que fai que as persoas teñan máis probabilidades ou menos de consumir drogas. Non é correcto buscar unha causa única dos consumos posto que habitualmente son múltiples os factores relevantes que os condicionan, os denominados factores de risco. Fronte a estes os pais/nais podemos desenrolar estratexias que potencien os factores de protección ante as drogas nos nosos fillos/as.

Só se somos capaces de incidir sobre os factores que favorecen ou disuaden o consumo de drogas podemos reducir a probabilidade do seu consumo.

É importante ter en conta que falamos de factores de risco, non de causas, é dicir, que unha persoa estea exposta a un ou máis factores de risco non determina inevitablemente que acabe tomando drogas. Así como, a exposición a un ou máis factores de protección tampouco constitúe garantía de “inmunidade” fronte o consumo, sen prexuízo de que a maior ou menor exposición a uns e outros condiciona unha maior ou menor probabilidade de consumo efectivo.

Factores de risco

Os factores de risco son aquelas características persoais ou ambientais relacionadas coas drogas que aumentan a probabilidade de que unha persoa teña problemas co consumo de sustancias.

  • As persoas son o elemento crave no consumo de drogas. As drogas non teñen vida propia e, ao contrario que un virus, non se introducen no corpo sen que a persoa o desexe, existe sempre unha voluntariedade ó inxerilas. Hai oferta de drogas, porque hai xente disposta a tomalas. O quid da cuestión está en determinar por que e para que necesítanas.

    Entre os factores de risco de consumos problemáticos destacan algunhas limitacións no desenvolvemento da personalidade, tales como: falta de autonomía na toma de decisións, escasa capacidade crítica ante as presións da contorna, incapacidade para a resolución de conflitos ou problemas, deficiente autocontrol, mínimo desenvolvemento do sentido da prudencia, un sistema de valores pouco definido, marcado por unha ausencia de responsabilidade nos comportamentos, e un concepto baixo dun mesmo que repercute nunha falta de autoestima.

  • As sustancias por si soas non significan nada; adquiren sentido a partir dun suxeito que as usa, para o cal cumpren unha función determinada, e nun ambiente socio-cultural que lles adxudica uns significados e símbolos precisos. En relación ás substancias factores de risco son, sen dúbida, a súa composición farmacolóxica, a súa capacidade para crear dependencia, os efectos que produce...influíndo tamén variables como a dispoñibilidade das distintas sustancias, o prezo, a moda, o deseño estético., ...
  • O ambiente en que se move a persoa tamén é decisivo á hora de consumir drogas. Existen ambientes nos que estas substancias gozan de prestixio social, está ben visto tomalas, asócianse ao lecer e á diversión, están de moda e, todo iso, facilita o seu consumo. Estas situacións orixinan a selección e manipulación da información, que adoita ser sesgada ou parcial, sobre os efectos das substancias; minimízanse os riscos e esaxéranse as súas vantaxes. Os consumos de drogas xeran unha cultura e incluírse nesta cultura facilita os consumos.

    Determinadas circunstancias ambientais orixinan conflitos sociais (violencia colectiva, desarraigamento, marxinalidade, etc.) que, ao repercutir inevitablemente sobre grupos e individuos, tamén se transforman en factores de risco ou vulnerabilidade.

O entorno familiar ten aquí unha importancia clave. En ocasións, a familia pode actuar tamén como un factor de risco se existen certos hábitos e tolerancia ó consumo de drogas, se ten un estilo educativo inapropiado ou se o modelo familiar vinculase ó consumo de alcohol e/ou outras drogas.

Factores de protección

Os pais/nais podemos desenrolar estratexias que potencien os factores de protección dos fillos/as e para elo debemos ter en conta os aspectos que agora enunciamos:

  • Establecer normas axeitadas: que regulen a conduta dos fillos/as. As normas deben ser:

    • Razoables pero firmes.
    • Todas non poden ser iguais: algunhas son fundamentais e o seu cumprimento debe ser indiscutible e outras poderán ser negociadas (pero cando non sexa posible chegar a un acordo deberá prevalecer o criterio dos pais/nais).
  • Crear unha boa relación afectiva: se os pais/nais nos esforzamos en transmitir que cremos nos nosos fillos/as , se reforzamos condutas positivas, reconducimos os erros, crecerán nun ambiente de seguridade e equilibrio, que lles permitirá encontrar na familia un referente ó que confiar as dúbidas que lles poida xerar un entorno hostil e competitivo (dispoñibilidade de sustancias de abuso, presión para o consumo, ...)
  • Mellorar a comunicación cos fillos/as: unha boa comunicación familiar ten unha repercusión positiva nos fillos/as. Aumenta á súa autoconfianza, dálles claves para o manexo das presións (do grupo de iguais, das modas, dos medios de comunicación,..) e capacítaos para tomar decisións axeitadas, como saber cando "dicir non".
  • Favorecer un uso satisfactorio do tempo libre: os pais/nais, coa nosa maneira de empregar o tempo libre, somos un modelo clave. Non debemos esquecer que ensinar ós nosos fillos/as a empregar axeitadamente o tempo libre, forma parte do proceso educativo a nosa tarefa educativa inclúe fomentar alternativas de ocio e transmitir a idea de que é posible encontrar a diversión en actividades saudables. Xa que un elevado porcentaxe dos consumos de alcohol e outras drogas realízanse no tempo de ocio, co seu grupo de iguais e fora de ambientes formais.

Como é lóxico, á hora de abordar cada un destes aspectos, hai que considerar que cada idade ten as súas propias características e debemos adaptarnos a elas.

Para ampliar sobre este tema podes consultar o apartado de educación e comunicación nesta mesma páxina.

¿Canto se consome?

Recomendámosche que leas a nota de prensa que editou a Ministerio de Sanidade sobre o último informe da Enquisa Domiciliaria sobre o Consumo de Alcohol e outras Drogas 2007/008.