Pílula Poscoital

Pílula Poscoital

¿Que é?

A pílula do día despois ou postcoital é un tratamento de emerxencia que evita, nunha alta porcentaxe, un posible embarazo non desexado en caso de ter unha relación con penetración sen protección.

Sen protección quere dicir: que non empregarás ningún método anticonceptivo ou que se o empregaches tiveches algúns problema como: rotura do preservativo, retención do preservativo na vaxina, esquecemento da píldora anticonceptiva habitual, ou mal ouso de outros métodos.

Non é un método anticonveptivo como os existentes no mercado para planificar a nosa vida reprodutiva, nin nos protexe das infeccións de transmisión sexual. Lembra que o preservativo é o único método que evita ó mesmo tempo os embarazos non desexados e as Infeccións de transmisión Sexual e oVIH/SIDA.

¿Como actúa?

Actúa de maneira moi sinxela. Se mantiveches unha relación sexual desprotexida con penetración pode ocorrer que un óvulo sexa fecundado e pode ser que non, non podemos sabelo.

O tratamento poscoital impide a ovulación se esta non se produciu, impide que o óvulo aniñe no útero no caso de que fora fecundado. Obviamente, desta maneira impídese que comece ou embarazo. Polo que, NON É UN TRATAMENTO ABORTIVO. Segundo a definición da Organización Mundial da Saúde asumida pola comunidade científica internacional "o embarazo comeza no momento de implantación no endometrio (paredes do útero) do óvulo fecundado". E o tratamento poscoital actúa con anterioridade ó embarazo.

Segundo a OMS «os métodos de anticoncepción de emerxencia contribúen a evitar o embarazo de diferentes modos segundo o momento do ciclo menstrual no que se aplican, pero non descolocan un embrión implantado, nin permiten pór termino a un embarazo establecido». En cambio, o tratamento abortivo (RU-486) adminístrase cando xa existe un embarazo diagnosticado e deséxase interromper.

Para tomala: ¿cando e como?

Debes tomala entro das 72 horas (3 días) seguintes á relación de risco, tendo en conta que a eficacia vai diminuíndo a medida que van avanzando as 72 horas; canto antes de tome o tratamento, máis efectivo é.

Importante: Se transcorreron máis de 72 horas (tres días) dende que se produciu o coito sen protección, non empregues as pílulas postcoitais. Acode ao teu centro de saúde, para que persoal cualificado asesóreche e poidas valorar as posibles opcións.

É aconsellable comer antes de tomar as pastillas, xa que contribúe a reducir os posibles efectos secundarios que poden darse.

Se vomitas durante as dúas horas seguintes á inxestión das pastillas, necesita repetir á toma canto antes. Se vomitas despois de tres horas de tomar os comprimidos, non te preocupes, a medicación xa che fixo efecto.

Nos días posteriores á toma é posible que apareza un sangrado vaxinal. Tamén pode presentarse coincidindo coa seguinte menstruación. Tras isto, sería moi recomendable que acudiras a unha revisión xinecolóxica para realizar un control, e recibir asesoramento sobre método anticonceptivos. Se non se presenta a menstruación na data esperada debes acudir de novo ao teu médico para realizar un test de embarazo. E se estás tomando anticonceptivos orais tes que continuar tomándoos con normalidade.

Os efectos secundarios son pouco frecuentes, débiles e desaparecen rapidamente. Poden aparecer náuseas, dores de cabeza e desaxustes menstruais.

 

Non se precisa ningún recoñecemento médico ou análise previos á súa toma. Poden empregala todas as mulleres ó longo da etapa fértil da súa vida. SE TES DÚBIDAS, PIDE INFORMACIÓN.