Métodos Anticonceptivos
SON....
Fármaco ou método que se emprega co fin de evitar os embarazos non desexados.
Cando un rapaz e unha rapaza manteñen relacións sexuais e non teñen como fin a reprodución, existen dúas formas de asegurarse que non se produzan:
- Gozar de relacións sexuais satisfactorias, pracenteiras e completas: bicos, caricias, masturbación, sexo oral,.... sen introducir o pene na vaxina e evitando a exaculación masculina na entrada da vaxina.
- Empregando ó método anticonceptivo que más se xuste as necesidades e circunstancias, se se desexa realizar condutas de penetración vaxinal.
PERMITEN....
Compartir o pracer e a responsabilidade nas nosas relacións afectivo-sexuais, e procrear de maneira libre, consciente, responsable e desexada.
Decidir libremente a maternidade e a paternidade: como, cando e con quen desexamos ter fillos/as, si o desexamos.
Evitar os embarazos non desexados, como as súas consecuencias, xa sexa unha interrupción voluntaria ou continuar adiante, sen que fora buscado.
Manter condutas de penetración, coma un xeito máis de expresarnos sexualmente sen temores, nin preocupacións (durante e despois da relación), podendo gozar plenamente de esta conduta.
Ser persoas autónomas, responsables e comprometidas coa construción das nosas vidas, coidando da nosa saúde e a das persoas coas que nos relacionamos.
EXISTEN DIFERENTES MÉTODOS ....
Ter información sobre as diferentes alternativas en anticoncepción é importante para poder elixir, con asesoramento, cal é o mellor método para cada persoa en diferentes momentos da súa vida en funcións das súas necesidades e circunstancias.
Entendemos que un bo método anticonceptivo é aquel que....
- ... nos da seguridade, sendo eficaz e fiable.
- ... carece de efectos secundarios nocivos.
- ... é de fácil uso.
- ... que nos protexa de infeccións de transmisión sexual.
O único que cumpre todas as condicións é o preservativo.
Preveñen de... | ||
---|---|---|
Métodos: | Embarazo non desexado | ITS e VIH/SIDA |
Barreira |
EFICACIA MEDIA/ALTA |
|
Hormonais |
EFICACIA ALTA /MOI ALTA |
|
Intrauterinos |
EFICACIA ALTA |
|
Cirúrxicos |
MÉTODOS DEFINITIVOS |
|
Dobre método |
Preservativo xunto cun de alta eficacia na muller EFICACIA MOI ALTA |
Preservativo |
Métodos de barreira
EFICACIA MEDIA/ALTA
Son aqueles que impiden o ascenso dos espermatozoides á cavidade uterina, xa sexa formando unha barreira mecánica (preservativo, diafragma,...) ou química (óvulos vaxinais).
Preservativo masculino
Descripción:
Funda impermeable que se coloca no pene en erección antes da penetración. Dispón dun depósito na punta no que se recolle o seme impedindo que os espermatozoides entren en contacto coa vaxina.
Vantaxes:
- Único método que protexe tanto dos embarazos como das ITS.
- É moi efectivo se se usa ben.
- Non ten efectos secundarios.
- É fácil de usar.
- Comparte a responsabilidade.
- Pode aumentar o tempo de erección.
- Nalgunhas asociacións, puntos de información xuvenil, hai reparto gratuíto.
- Serve para todo o mundo.
Desvantaxes:
- Se non se usa correctamente perde efectividade e mesmo pode romper.
- Algunhas persoas son alérxicas ao látex, pero existe unha alternativa: os preservativos de poliuretano.
Preservativo feminino
Descripción:
Manga de poliuretano cun anel en cada extremo, que se introduce na vaxina. Un dos extremos está aberto (o que permite a introdución de pene na vaxina) e o outro pechado (para impedir a entrada dos espermatozoides na vaxina).
Vantaxes:
- Único método que protexe tanto dos embarazos como das ITS, mesmo do herpes vaxinal.
- Non ten efectos secundarios.
- Pode colocarse un intre antes de introducir o pene na vaxina.
Desvantaxes:
- É moito máis caro que o masculino, polo que practicamente deixou de distribuírse.
- Necesítase un pouco de práctica para a súa correcta colocación.
Diafragma con espermicida
Descripción:
É un capuchón de caucho moi flexible que se encaixa no colo do útero para impedir o paso dos espermatozoides. Débese recubrir de crema espermicida polas dúas caras en cada uso. O persoal médico será quen che diga a túa talla e ensíneche a empregalo.
Vantaxes:
- É moi efectivo se se usa ben. Pode protexer dalgunhas ITS como a clamidia e a gonorrea.
- Cando aprendes a utilizalo é tan fácil como usar un tampón.
Desvantaxes:
- Hai que colocalo de media a unha hora antes da conduta de penetración e debe permanecer de 6 a 8 horas colocado tras a mesma.
- Hai que combinalo con espermicidas cada vez que se usa.
- Hai que lavalo tras o seu uso.
- Hai que coidalo para que non se deteriore e asegurarse que non se furou.
- Sucede raramente, pero hai cremas que poden irritar a vaxina ou o pene, ou producir reaccións alérxicas.
- Algunhas mulleres, por exemplo, as que teñen o colo do útero desprazado, non poden usalo.
Existe unha versión máis evolucionada, o CAPUCHÓN CERVICAL, que recubre o colo uterino e é dun só uso, tamén se pode empregar con espermicidas.
Esponxa con espermicida
Descripción:
Como o seu nome indica, é unha esponxa de usar e tirar de poliuretano con forma de rosquilla que se utiliza empapada en espermicida. Extráese tirando dunha cinta. A esponxa absorbe e atrapa o seme e o espermicida mata os espermatozoides.
Vantaxes:
- Se nas 24 horas seguintes a introducir o pene na vaxina deséxase realizar de novo esta, non é necesario repetir a aplicación de espermicida.
Desvantaxes:
- Sucede raramente, pero hai cremas que poden irritar a vaxina ou o pene, ou producir reaccións alérxicas.
De barreira químicos
Hai que combinar o seu uso con outros de barreira, xa que por si sós ofrecen pouca protección.
ESPERMICIDAS E ÓVULOS VAXINAIS:
Descripción:
Son substancias químicas que alteran a mobilidade ou matan os espermatozoides.
Normalmente utilízanse para incrementar a efectividade doutros métodos de barreira.
Vantaxes:
- Aumentan a eficacia dos métodos cos que se usa combinado.
- Prevén do contaxio dalgunhas (non de todas) infeccións de transmisión sexual.
Desvantaxes:
- Hai que deixalo actuar de 6 a 8 horas despois da súa aplicación, sen lavar a vaxina nese tempo. Sucede raramente, pero hai cremas que poden irritar a vaxina ou o pene, ou producir reaccións alérxicas.
Métodos hormonais
EFICACIA ALTA / MOI ALTA
Son aqueles métodos baseados no uso de hormonas sexuais (estróxenos e/ou proxesterona). Estas hormonas poden actuar da seguinte maneira (dependendo de cada método):
- Impedindo que se desenvolva a ovulación na muller.
- Alterando o estado natural do cérvix e do endometrio, co obxectivo de impedir que se chegue a realizar a fecundación (no caso improbable de que houbese ovulación).
- Modificando o estado natural da vaxina, contribuíndo a que, no hipotético caso de que o anterior fallase, e o óvulo fose fecundado, non se desen na vaxina as condicións necesarias para que o óvulo implantar e dea lugar ao comezo dun embarazo.
Son varias as combinacións hormonais e as vías de administración, polo que é importante o asesoramento médico Ademais:
- Requiren especialmente asesoramento médico, xa que non é recomendable que a utilicen mulleres que fuman, nin aquelas que teñan problemas circulatorios ou de fígado e outras en diversas circunstancias, polo que é básico asesoramento profesional.
- Algúns medicamentos poden interferir no seu funcionamento, polo que se se van a tomar medicamentos, é fundamental informar á médica ou médico, para que teña en conta que se está utilizando anticoncepción hormonal.
Pílula anticonceptiva
Descripción:
É un tratamento hormonal que impide a ovulación na muller, e por tanto o embarazo. A muller ha de tomala por vía oral, unha pastilla cada día. Tamén existe a pílula combinada e a mini pílula ou pílula de proxestina.
Vantaxes:
- Regula o ciclo menstrual.
- Pode diminuír as molestias menstruais.
- Algunhas regulan os desamaños hormonais que poden facer, por exemplo, que aumente a lanuxe no corpo (pernas, brazos, cara...).
Desvantaxes:
- Hai que lembrar tomala cada día, se esqueces unha toma, non é efectiva nese ciclo.
- Se tes vómitos ou diarreas, antes das dúas horas posteriores á toma da pastilla, hai que repetila, porque poida que o corpo non a asimilara.
- Pode ter efectos secundarios (consultar con profesionais).
Parche anticonceptivo
Descripción:
Parche de plástico, fino e de cor beixe. A parte adhesiva fornece, a través da pel, unha dose continua das mesmas hormonas que a pílula anticonceptiva combinada. Debe colocarse durante sete días exactamente, cada semana durante tres semanas, seguido dunha semana de descanso sen parche, que é cando se debe de ter o período. Debe cambiarse o mesmo día de cada semana. Pode colocarse en calquera parte do corpo (sen cremas) menos nas mamas.
Vantaxes:
- É fácil de usar.
- Non se ve afectado os vómitos ou diarreas.
Desvantaxes:
- Ten as mesmas contraindicacións que as pílulas anticonceptivas (consultar con profesionais).
Anel vaxinal
Descripción:
Anel flexible que se introduce na vaxina e permanece no seu interior (durante tres semanas e logo teríamos unha de descanso), segregando, cada día, a cantidade de anticonceptivo equivalente á dose diaria da pílula anticonceptiva. Ten vixencia para un só un ciclo.
Vantaxes:
- Colócase e retirase facilmente.
- A súa eficacia é independente da súa localización na vaxina.
- Se está ben colocado, non se nota.
- Ten as vantaxes da pílula e só tes que acordarte de colocalo ao principio do ciclo menstrual e retiralo á terceira semana.
Desvantaxes:
- Ten as mesmas contraindicacións que as pílulas anticonceptivas (consultar con profesionais).
Anticonceptivos inxectables
Descripción:
Inxeccións de contido hormonal que actúa do mesmo xeito que as pílulas anticonceptivas. Pode haber de contido combinado (estróxenos e proxesterona) ou só de proxesterona. Existen dose para un, dous ou tres meses.
Vantaxes:
- Fácil de usar.
- Protección dun a tres meses (segundo o anticonceptivo).
Desvantaxes:
- Ten as mesmas contraindicacións que as pílulas anticonceptivas (consultar con profesionais).
Implantes subcutáneos
Descripción:
Anticonceptivo hormonal que insiren cirurxicamente baixo a pel.
Actúa do mesmo xeito que os anticonceptivos orais.
O implante é por tres ou cinco anos.
Vantaxes:
- Fácil de usar.
- Protección durante 5 anos.
Desvantaxes:
- Ten as mesmas contraindicacións que as pílulas anticonceptivas (consultar con profesionais).
Métodos intrauterinos
EFICACIA ALTA
Son trebellos de plástico medicados, que se insiren na cavidade uterina (interior do corpo do útero), sempre requiren do seu implante por parte de persoal médico.
DIU: Dispositivo Intrauterino
Descripción:
Consiste nun pequeno aparello de plástico e metal (de cobre ou de prata e cobre), moi flexible que profesionais da saúde colocan no interior do útero. Actúa producindo varios efectos :
- Como reacción ao dispositivo se segrega máis cantidade de fluxo, o cal dificulta o acceso dos espermatozoides.
- Altera o movemento das trompas de Falopio interferindo o percorrido do óvulo cara ao útero.
- Fai que o endometrio non estea nas condicións adecuadas para recibir ao óvulo, se este fose fecundado.
A duración eficaz nas mulleres novas é de 5 anos e nas maiores de 40 anos ata a menopausa.
Vantaxes:
- Pode permanecer colocado até dez anos, segundo o DIU e con supervisión médica.
Desvantaxes:
- Non todas as mulleres poden usalo.
- É máis recomendable para aquelas mulleres que deran a luz.
- Ten algunhas contraindicacións e poden darse efectos secundarios, polo que require asesoramento médico.
DIU hormonal
Descripción:
Engade ós efectos do DIU, os da proxesterona, o que evita tamén a ovulación.
A duración eficaz é de 5 anos.
Vantaxes:
- Aumenta a protección.
- Cámbiase unha vez ao ano.
Desvantaxes:
- Ten algunhas contraindicacións e poden darse efectos secundarios, polo que require asesoramento médico.
Métodos cirúrxicos
MÉTODOS DEFINITIVOS
Son aqueles métodos que consisten no bloqueo cirúrxico dos condutos que permiten ós óvulos ou ós espermatozoides saír do seu almacenamento.
- LIGADURA DE TROMPAS: Bloquéanse as trompas de Falopio do aparello reprodutor da muller, impedindo que o óvulo sexa liberado á cavidade uterina, así este non poderá atoparse co espermatozoide.
- VASECTOMÍA: Bloquéanse os condutos deferentes do aparello reprodutor do home, o que impiden que os espermatozoides salgan ao exterior durante a exaculación.
O DOBRE MÉTODO OU DOBRE PROTECCIÓN:
Consiste no uso do preservativo por parte do home e dun método de alta eficacia por parte da Muller. Así conséguese unha eficacia moi elevada asociada á protección das ITS.
Métodos pouco recomendables
Estes métodos, cuxa eficacia anticonceptiva é considerada como baixa ou nula, tampouco protexen fronte as ITS.
Naturais
Son aqueles métodos que se basean no coñecemento do corpo da muller e do estudo dos diferentes cambios que no mesmo prodúcense ao longo do ciclo menstrual, para téndoos en conta, poder calcular cales son os días de máis fertilidade (aqueles en os que con máis facilidade pode producirse un embarazo) e así evitar manter relacións sexuais con penetración sen protección neses días. Algúns destes métodos son:
- OXINO (método do ritmo ou calendario).
- BILLINGS (método do moco cervical).
- TEMPERATURA BASAL (ou sintótermico).
Para poder utilizar estes métodos, a muller ha de estudar durante un tempo ter en conta que o ciclo menstrual pode verse alterado. Estes métodos requiren para a súa utilización ter constancia para recoller a información necesaria sistematicamente e ter unha información correcta sobre a súa utilización.
Existe outro para mulleres lactantes nos primeiros seis meses, o MÉTODO MELA. Ten unha eficacia aceptable sempre que se cumpra rigorosamente: se empregue os seis primeiros meses despois do parto, que haxa unha ausencia de menstruación e que se alimente o/a bebe exclusivamente co peito.
Coito interrompido
Consiste en retirar o pene da vaxina antes da exaculación. Consideramos que non é un método anticonceptivo porque é moi difícil controlar en que momento vaise a producir a exaculación e porque antes desta salgue do pene o líquido preseminal, que tamén conteñen espermatozoides e que pode producir un embarazo. Ademais, a marcha atrás dificulta gozar das relacións sexuais ó ter que estar pendente constantemente da exaculación.