Infeccións de Transmisión Sexual
As Infeccións de Transmisión Sexual non teñen por que formar parte da sexualidade, xa que existen estratexias e ferramentas para mantelas ó marxe da nosa vida. Para o que é importante que planifiques as túas relacións sexuais e te informes. Non significa en que teñas que converterte nunha persoa experta en ITS, é suficiente con que as coñezas en xeral e os seus mecanismos de transmisión, os síntomas que poden facerte sospeitar, como previlas, .. Aquí van algunhas ideas que poden axudarche.
¿Que son as ITS?
Son infeccións que xeralmente se adquiren a través de prácticas sexuais cunha persoa infectada. Outras ITS non se adquiren necesariamente a través da relacións sexuais, pero poden transmitirse por ese medio á parella.
Están causadas por organismos que viven en fluídos corporais, como a sangue, o seme e as secrecións vaxinais. A través deste fluídos poden pasar dunhas persoas a outras.
Ademais, poden afectarnos repetidamente por que non xeran inmunidade e non hai vacinas contra elas.
Entre as ITS máis frecuentes atópanse ó VIH (que falaremos máis adiante), a Sífilis, a Gonorrea, a Clamidia, o Herpes Xenital, Virus do Papiloma Humano, e a Hepatite B. Se queres ampliar información mira os folletos que tes nesta mesma páxina.
¿Como se manifestan?
Os síntomas máis frecuentes que deben facerte pensar que contraíches unha ITS son:
NAS MULLERES:
- Fluxo anormal na vaxina con ou sen cheiro desagradable.
- Ulceras, ronchas, verrugas ou ampolas cerca dos xenitais, ano ou boca.
- Inflamación dun ou máis ganglios cerca á úlcera.
- Dor na zona pélvica.
- Prurito ó redor dos xenitais.
- Ardor ó ouriñar ou defecar.
- Sangrado pola vaxina sen que sexa pola menstruación ou tras unha relación sexual.
- Dor na vaxina durante as relacións sexuais, de aparición repentina.
NOS HOMES:
- Secreción pola uretra.
- Úlceras, ronchas, verrugas ou ampolas cerca dos xenitais, ano ou boca.
- Inflamación dun ou máis ganglios cerca á úlcera.
- Dor e inflamación nos testículos.
- Prurito ó redor dos xenitais.
- Ardor e dor ó ouriñar ou defecar.
Ante a sospeita ou un diagnóstico, ¿que facer?
SE SOSPEITAS QUE PODES TER UNHA ITS....
- Afrontalo, non mirar cara a outro lado coma se non pasase nada.
- Buscar atención médica. Acode, canto antes, ao teu médico de cabeceira ou a recursos especializados.
- Non automedicarse.
SE ME DIAGNOSTICAN UNHA ITS....
- Os tratamentos para as ITS non adoitan ser dolorosos nin custosos. Canto antes te poñas en tratamento existen menos riscos de ter problemas permanentes.
- Segue as prescricións do persoal médico.
- Avisa á túa parella ou ás persoas coas que tiveches relacións sexuais recentemente. Infórmaas da túa enfermidade e da posibilidade que teñen de padecela, mesmo se non presentan síntomas. Recomenda que acudan ao médico. elas tamén teñen dereito a tratarse.
- Non interromper o tratamento porque desaparecen os síntomas.
¿Como previlas?
- Nas relacións sexuais con penetración vaxinal e anal, é necesario empregar preservativos.
- Nas relacións sexuais orais (felación e cunnilingus), tamén existe risco de infección para a persoa que estimula coa súa boca os xenitais da outra.
- Se queres gozar destas prácticas sexuais, sen que supoña un risco para a túa saúde, debes, no caso dos mozos, utilizar preservativos, e no caso das mozas un preservativo aberto, ou un cadrado de papel filme transparente de cociña que sirva de barreira entre a boca e os xenitais femininos.
- Evita manter relacións sexuais se ti ou a túa parella teñen síntomas que poden facer pensar nunha ITS.
Nivel risco | Tipo conduta sexual | Que podes contraer | Como reducir o risco |
---|---|---|---|
Risco moi baixo | Bicos con lingua | Arrefriados, gripe e hepatite B. |
Coa vacina da hepatite B. Senón te lías cando alguén ando esta enfermo/a. |
Risco baixo | Masturbación mutua | Nada se non teñen cortes nas mans nin lesións nos xenitais. Pero se as tes e falo con alguén que ten VIH, corres o risco se o seme ou o fluxo vaxinal infectado penetre na túa corrente sanguínea. | Usando látex ou plástico filme transparente de cociña. |
Risco moderado | Sexo oral a un home | Herpes, SIDA, hepatite B, gonorrea, sífilis, condilomas | Usando condón |
Sexo oral a unha muller | Herpes, SIDA (o risco é menor que nun home, pero segue sendo posible), hepatite B, gonorrea, sífilis, condilomas. | Usando un condón feminino, cadro de látex ou plástico filme transparente de cociña. | |
Alto risco!!!!!!! | Coito vaxinal | Herpes, SIDA, hepatite B, gonorrea, sífilis, clamidia, condilomas. E o embarazo. | Usando condón e espermicida. |
Sexo anal | Herpes, SIDA, hepatite B, gonorrea, sífilis, clamidia, condilomas. |