Anatomía Sexual

Anatomía Sexual

Anatomía sexual feminina

Xenitais externos ou vulva

Zona de pel situada entre as pernas dunha muller que contén os órganos xenitais visibles dende o exterior.

informate_sexualidade_01D

MONTE DE VENUS: marca o comezo dos xenitais externos. É un cúmulo de graxas recuberto por vello que protexe a pel situada por debaixo. Posúe moitas terminacións nerviosas que o ser estimuladas dan pracer.

LABIOS MAIORES: son dous pregues de pel que se irán cubrindo de vello e que protexen o interior da vulva, segregando lubricante durante a excitación sexual o posuír glándulas sudoríparas. Senón hai excitación están superpostos protexendo a uretra e a vaxina.

LABIOS MENORES: son dous pregues de pel máis pequenos en sen vello, cubertos polos labios maiores que protexen o orificio vaxinal e a uretra.

CLÍTORIS: é un pequeno órgano situado na unión dos labios menores que é moi sensible debido á cantidade de terminacións nerviosas que se concentran nel, polo que ten unha función sexual e o ser estimulado proporciona pracer. Posúe dous corpos cavernosos (debaixo do pube ata o corpo do clítoris) e tecido eréctil , é dicir, sufre erección.

VESTÍBULO DA VAXINA: e o espazo existente debaixo do clítoris e entre os labios menores, no que se atopan o:

  • Orificio uretral: tubo polo cal os ouriños saen do corpo.
  • Orificio vaxinal: ou entrada da vaxina que contén :

    • Hime: anaco delgado e flexible de pel que cubre parcialmente o orificio vaxinal deixando saír ó exterior a regra e o fluxo vaxinal, separando a vulva da vaxina. A súa función e a de protexer de posibles infeccións mentres se é nena, e pode romperse por múltiples razóns (ximnasia, bicicleta,...) e non soamente ca penetración.
    • Glándulas de Bartolino: encóntranse bordeando o orificio vaxinal. Non poden observarse nin palparse en estado normal. Contribúen a lubricación.
    • Músculo Pubocoxíxeno: rodea a vaxina, a uretra e o ano.

ANO: orificio pequeno a través do cal as feces saen do corpo, tanto feminino como masculino.

Xenitais internos

informate_sexualidade_02D

VAXINA: conduto musculoso e membranoso moi elástico entre o útero e o exterior do corpo, que é recorrido por un bebé cando está a punto de nacer e tamén por unha pequena cantidade de sangue, outro fluídos e un pouco de tecido unha vez ó mes (regra). En estado de non excitación as súas paredes están en íntimo contacto, durante a excitación expándense e sepáranse. Non posúe glándulas secretoras, pero as súas paredes están protexidas por unha mucosa que é fonte de lubricación vaxinal.

COLO DO ÚTERO OU CÉRVIX: une a parte inferior do útero ca vaxina e por el sae a regra ó exterior.

ÚTERO: músculo forte conectado ás trompas de Falopio e á vaxina. Se se produce a fecundación é o lugar no que se desenvolve, alimenta, crece e protéxese un bebé chamado feto. E cando isto ocorre chámase MATRIZ.

ENDOMETRIO: mucosa que recobre o interior do útero. Se o óvulo é fecundado transformase, senón escámase e sae ó exterior (menstruación).

TROMPAS DE FALOPIO: son dous condutos que unen o útero cos ovarios. A súa función é a de recoller cada mes o óvulo producido nun dos ovarios para levalo ata o útero e segrega sustancias que nutren e alimentan o óvulo fecundado.

OVARIOS: son as glándulas sexuais da muller, situadas a ambos lados do útero que segregan as hormonas sexuais femininas (estróxenos e proxesterona) e producen os óvulos (células reprodutoras femininas).

Anatomía sexual masculina

Xenitais externos

informate_sexualidade_03D

PENE: órgano sexual masculino formado por corpos cavernosos e esponxosos. A través do cal saen o exterior os ouriños e o seme, pero nunca ó mesmo tempo. Ten tres funcións principais: urinaria, reprodutora e sexual, e consta das seguintes partes:

  • CORPO: o tecido está formado por unha rede irregular e esponxosa de espazos vasculares, arterias e venas. No momento da excitación sexual de forma involuntaria ou mentres se dorme inconscientemente, os tecidos que o forman aumentan de tamaño, grosor e dureza, volvéndose máis grande e longo sobresaíndo do corpo. A este fenómeno chámase erección, que pode dar como resultado unha exaculación se os músculos desa zona contráense de repente, presionando o seme a través da uretra e expulsándoo ó exterior en forma de chorros rápidos.
  • GLANDE: punta do pene protexida por unha pel fina e movible chamado PREPUCIO, no que se encontra o orificio da uretra e que na súa parte interna produce unha secreción. A veces o glande pode saír polo prepucio e a este feito denomínase fimose.

ESCROTO: bolsa de pel fina e sensible que protexe ós testículos e mantennos a unha temperatura constante, máis baixa que a do resto do corpo, para un adecuado funcionamento.

Xenitais internos

informate_sexualidade_04D

TESTÍCULOS: son as glándulas sexuais do home que teñen dúas funcións: reprodutora (producen os espermatozoides) e hormonal (xeran a testosterona). A produción de esperma é continua, senón se evacúa por coito ou masturbación, expulsase automaticamente durante as polucións nocturnas. O seme componse de secrecións dos testículos e epdídimo, das vesículas seminais, da próstata e das glándulas de Cowper.

EPIDÍDIMO: é a estrutura que conecta cada testículo, selecciona, madura e aporta sustancias nutritivas ós espermatozoides que o atravesan e crecen dentro del camiño dos condutos deferentes.

CONDUTOS DEFERENTES: van dende o epidídimo ata a as vesículas seminais e serven para asegurar a progresión dos espermatozoides ata a uretra.

VESÍCULAS SEMINAIS: son dous órganos que segregan o líquido seminal necesario para alimentar e facilita-lo movemento dos espermatozoides.

PRÓSTATA: glándula onde se fabrica o líquido prostático necesario para garanti-la supervivencia dos espermatozoides.

GLÁNDULAS DE COWPER: producen un líquido que facilita o paso do seme a través da uretra neutralizando os residuos dos ouriños existentes. Frecuentemente antes da exaculación aparece este líquido e pode conter espermatozoides.

URETRA: conduto que vai dende a vexiga ó meato uretral no caso dor ouriños, e dende a vesícula seminal ó exterior no seme e recorre o interior do pene. Existen uns músculos que abrindo e cerrando determinadas vías que impiden que os dous líquidos saian ó mesmo tempo, e polo tanto nunca se mesturan.