Teléfono móbil
Nos últimos anos incrementouse drasticamente o uso de teléfonos móbiles. Poden usarse para enviar e recibir mensaxes de vídeo, servizos de entretemento (descarga de xogos, música e vídeos), acceso a Internet e servizos adaptados á situación xeográfica.
Vantaxes
Internet e o móbil convertéronse nun elemento indispensable para a comunicación e o progreso da sociedade. Ambos tamén son excelentes ferramentas de integración e lecer: o móbil permite comunicarse mediante voz ou mediante mensaxes, gravar pequenos vídeos, navegar en Internet, escoitar música, xogar, chatear, etc.
Unha das vantaxes fundamentais do teléfono móbil é o contacto continuo. Incluso a funcionalidade dos móbiles permite a localización física, si fose necesario. En xeral, a posibilidade de comunicación en calquera momento e calquera lugar representa grandes vantaxes e facilita a asistencia en situacións de urxencia.
Desvantaxes
Os riscos potenciais que se corren ao acceder a Internet a través dos teléfonos móbiles son os mesmos que a través dunha liña fixa, aínda que con retos engadidos. A gran diferenza entre o teléfono móbil e Internet é a propia natureza persoal dos móbiles.
Un dos problemas que se deriva das aplicacións dispoñibles nos teléfonos móbiles e que está proliferando alarmantemente é a intimidación e o acoso por medio de SMS ou a gravación de escenas violentas. A intimidación pode causar sentimentos de vergoña, desprezo e desesperación, e os afectados/as a miúdo néganse a falar diso porque pensan que deberían ser capaces de afrontalos sos/as.
Algúns sinais que poderían indicar que existe un problema son os cambios de humor repentinos e infundados, os cortes e negróns para os que non se dá unha explicación, un comportamento demasiado tranquilo ou recluído pouco usual ...
En moitos casos detectáronse problemas de adición ao teléfono móbil, similares aos que poden desenvolverse a Internet. Este tipo de adición provoca reaccións desmesuradas ante a imposibilidade de acceder ao teléfono e problemas para concentrarse nos estudos.