Bo uso e mal uso
Un bo uso
- Mellora da comunicación: Grazas ás TICS fíxose posible a comunicación entre persoas desde calquera parte do mundo, en calquera momento e de maneira continua e permanente.
- Facilita o proceso de socialización: A través do uso de servizos tales como os chats do whatsapp, messenger, facebook, etc. podemos compartir afeccións e mesmo inquietudes co grupo. Ademais, o anonimato e ausencia de contacto visual fai que podemos expresar e falar de temas que nunha conversación cara a cara resultaría imposible.
- Novas formas de aprendizaxe: Posibilidade de realizar cursos, talleres, conferencias, etc., de maneira online sen a obrigación de asistir presencialmente a eles.
- Fácil acceso á información: As novas tecnoloxías posibilitan o acceso aos contidos dunha forma moito máis sinxela e rápida, sen necesidade de desprazamento e obtendos nese mesmo instante. Ademais, serven de axuda para a solución de problemas cotiáns relacionados, por exemplo, co estudo.
- Lecer e entretemento: Recursos tales como blogs, xornais ou revistas online, xogos, películas, series, etc.
Un mal uso
- Interferencia con outras actividades: Estudo, lecer, conversacións poden verse prexudicadas por unha ausencia de planificación, ou ben pola propia distracción ao usar as novas tecnoloxías á vez que actividades como estudar.
- Falta de privacidade e uso indebido de datos persoais: Hai que ter moito coidado e non facilitar datos persoais de xeito irresponsable. Non debemos dar ningún dato que nos identifique ou nos localice e, entre eles inclúse a idade, lugar de residencia, centro de estudios, información sobre o grupo de amigos…
- Illamento social e atraso no desenvolvemento das habilidades sociais: O uso de forma continua de elementos electrónicos pode xerar illamento social ó deixar de realizar actividades cos grupos sociais de pertenza e con elo, poden verse afectadas as habilidades sociais, imprescindibles en moitos ámbitos.
- Novas vías para o acoso: Unha delas o ciberbullying, consiste en humillacións, chantaxes, ameazas mediante o uso ou difusión de información, fotografías ou vídeos privados ou persoais a través das redes sociais, whatsapp, etc. Outra nova vía de acoso é o grooming, unha serie de condutas e accións deliberadas levadas a cabo por un adulto coa finalidade de gañarse a amizade dun/dunha menor de idade conectando con el/ela emocionalmente e tentando diminuír as súas inhibicións para poder abusar sexualmente del/dela.
- Favorece o sedentarismo e o sobrepeso: Restrínxese o espazo do xogo e actividades de lecer ao uso dos dispositivos electrónicos.
- Dificultades para conciliar o sono: Existe unha relación directa entre a calidade e hixiene do soño e o mal uso das novas tecnoloxías. Estableceuse recentemente o termo “Vamping” para definir o uso de aparellos electrónicos ata altas horas da madrugada antes de durmir. A explicación científica que subxace a este fenómeno é que na retina dos nosos ollos existen células que reciben luz brillante durante o día e envían mensaxes ao cerebro indicando que é momento de estar esperto. Entón, o cerebro frea a liberación da hormona do soño ata que chega a noite e volve xerala novamente. Por tanto, se mantemos a luz nas nosas habitacións durante a noite, o cerebro non logrará percibir a diferenza entre día e noite, podendo causar trastornos do soño como insomnio ou pesadelos
Ademais ou uso excesivo das novas tecnoloxías pode conducir a outros problemas de saúde graves:
- Dedo de Blackberry: Sen darnos conta, pasamos horas tecleando no móbil. Este hábito pode desenvolver sobrecargas na base do dedo polgar, o que á súa vez pode derivar no denominado dedo de BlackBerry, anteriormente coñecido como a artrose das costureiras.
- Síndrome do túnel carpiano: A adopción sostida dunha mala postura coa boneca sobre o rato pode provocar a síndrome do túnel carpiano, que se manifesta a través de fortes dores na boneca e/ou na palma da man cando leva moito tempo no computador.
- Cóbado de tenista: Un mal uso do rato mantendo a posición sostida da boneca levantada cara arriba pode producir rachaduras nos extensores da boneca.
- Danos cervicais: Ao poder traballar en calquera sitio, falla a ergonomía, e hai máis problemas nas cervicais porque a pantalla dos portátiles non está á altura dos ollos, pero tamén tendinite en dedos, bonecas e ombreiros por adoptar posicións incorrectas.
- Tensión visual: O tempo que pasamos diante de dispositivos electrónicos trae como consecuencia a tensión visual, facendo que os ollos se resequen moito. Estar habitualmente moi preto da pantalla (tanto do ordenador como da televisión), pode desenvolver vista cansa e/ou miopía.
- Problemas de audición: O mal uso dos aparellos electrónicos de reprodución de música con auriculares que chegan a alcanzar elevados niveis de son exponnos a un perigo para a nosa audición. Os dicíbeis excesivamente altos (<70) poden ser prexudiciais para a nosa saúde se nos expoñemos a eles durante un tempo prolongado.
- Infertilidade: Levar o móbil sempre nos petos do pantalón ou utilizalo demasiado, así como traballar asiduamente co ordenador portátil nas pernas (aumentando a temperatura dos testículos) pode reducir a produción de esperma e alterar a súa mobilidade).
- Adicción:
- Aos videoxogos: O uso desmedido de videoxogos pode intensificar o risco de illamento social, adquirindo unha adicción ás pantallas. Algúns dos síntomas de alerta son: dificultade para conciliar o sono pola sobreactivación do cerebro, e síndrome de abstinencia, que está ligado á ansiedade, a irritabilidade e a ira.
- Nomofobia: Sensación de angustia, ansiedade ou necesidade irrefreable de volver a casa se esqueciches o teu móbil ou a túa batería se está esgotando? O primeiro que fas antes de durmir e ao espertar é consultar o teu móbil? Se é así, é moi probable que esteamos ante un caso de nomofobia, a dependencia de teléfono móbil levada ao extremo.