Tabaco
Que é?
O tabaco foi un dos descubrimentos que fixeron os colonizadores españois do Novo Mundo. Das follas desta planta solanácea, a Nicotiana tabacum, elabóranse cigarros, puros, picadura de pipa, rapé, tabaco de mascar, etc...
A industria tabaqueira mantivo ocultos ata fai moi pouco informes propios que amosaban a capacidade do tabaco para xerar dependencia e numerosos problemas de saúde.
A forma máis estendida de consumo de tabaco é o cigarro. No seu fume identificáronse arredor de 4.000 compoñentes tóxicos, de entre os cales os máis importantes son:
- Nicotina: sustancia estimulante do sistema nervioso central, responsable dos efectos psicoactivos do tabaco e da intensa dependencia física que este provoca.
- Alquitráns: sustancias probadamente canceríxenas, como o benzopireno, que inhala o fumador e aqueles que, convivindo con el en lugares cerrados, se ven forzados a respira-lo fume tóxico.
- Irritantes: tóxicos responsables da irritación do sistema respiratorio ocasionada polo consumo de tabaco (farinxite, tose, mucosidade, etc.).
- Monóxido de carbono: sustancia que se adhire ó sangue, dificultando a distribución de oxixeno polo corpo.
Que aspecto ten?
Xeralmente en forma de cigarros, pero pode consumirse tamén como puros ou pipas.
Que efectos produce no meu organismo?
O tabaco contén nicotina (que posúe un efecto ansiolítico e inhibidor do apetito). Os produtos do tabaco (cigarros, para lear...) están compostos de aditivos (humidificante, cheiro, sabor...). A combustión destes produtos crea novos compoñentes (monóxido de carbono, alcatráns...) nocivos para a saúde. A exposición a estas supón o ó risco de desenvolver unha dependencia.
- O monóxido de carbono atópase no fume do tabaco, e pasa ao sangue a través dos pulmóns. É o responsable do dano no sistema vascular por unha banda, e da diminución do transporte de osíxeno aos tecidos do noso organismo, por outra. Produce fatiga, tose e expectoración.
- A nicotina actúa sobre as áreas do cerebro que regulan as sensacións pracenteiras, provocando a aparición de dependencia.
- Tamén actúa sobre o sistema cardiovascular aumentando a frecuencia cardíaca e a posibilidade de arritmias.
- Produce cambios na viscosidade sanguínea e aumenta os niveis de triglicéridos e colesterol.
A diferenza da imaxe atractiva que se ten ás veces (fomentada pola publicidade, o cine, ...), o tabaco produce ó pouco tempo de empezar a consumirse algunhas alteracións pouco desexables entre as que se atopan:
- Engurras prematuras na zona do beizo superior, ó redor dos ollos (patas de galo), queixo e fazulas, e coloración gris da pel que constitúe o chamado "rostro do fumador/a".
- Manchas nos dentes, infeccións e caries dentais.
- Mal alento e mal cheiro corporal por impregnación do cheiro do tabaco.
- Manchas amarelas en uñas e dedos.
Cando comezas a fumar non adoitas conceder importancia ó efectos que o tabaco producirá sobre o a túa saúde a longo prazo, pero existen outros efectos, máis próximos no tempo, que foron demostrados nos mozos/as e que poden constatarse sen necesidade de que exista cronicidade no consumo de tabaco:
- Aumento de catarros de repetición.
- Aumento da tose.
- Diminución do rendemento deportivo.
- Perda de apetito.
Que riscos ten o seu consumo?
Segundo a Organización Mundial da Saúde (OMS), o tabaco é a primeira causa evitable de enfermidade, invalidez e morte prematura no mundo.
As sustancias presentes nun cigarro actúan en particular sobre:
- A función cardiovascular: o tabaco aumenta a presión arterial, acelera o ritmo cardíaco e deteriora as arterias. Os riscos coronarios e as mortes por infarto de miocardio son dúas veces máis elevadas entre os fumadores/as que entre o non fumadores/as. Estes riscos vasculares afectan tamén ás arterias do cerebro e dos membros inferiores. O tabaco ten efectos nocivos sobre o embarazo (parto prematuro, peso inferior ao nacer).
- A función respiratoria: os fumadores exponse a trastornos de todo o aparello respiratorio, incluíndo cancro de pulmón.
- A función dixestiva: a nicotina aumenta a secreción dos ácidos gástricos e actúa sobre o sistema nervioso central.
- O tabaco limita o achegue de osíxeno ao cerebro e aos músculos. é responsable de dores de cabeza, vertixes e diminución da resistencia cando se practica algún exercicio.
- Do conxunto dos cancros, un de cada catro esta asociado ao tabaco. O tabaco pode causar cancro dos bronquios, o pulmón, a cavidade bucal, o esófago, a vexiga, o colo do útero e o estómago.
Ademais as mulleres presentan os seguintes riscos adicionais:
- A probabilidade de padecer un infarto multiplícase por 10 nas mulleres que fuman e utilizan anticonceptivos orais.
- Entre as mulleres fumadoras, a menopausa adiántase unha media de entre 2 e 3 anos con respecto ás mulleres que nunca fumaron.
- Aumenta o risco de sufrir osteoporose.
O consumo de tabaco incrementa nun 70% o risco de morrer prematuramente por diversas enfermidades derivadas do consumo de tabaco. Este maior risco é directamente proporcional á vez que lévase fumando, á cantidade de cigarros que se fuman a diario, profundidade da inhalación do fume e ao contido en nicotina e alquitrán da marca fumada. O tabaquismo é a causa de...
- Máis do 90% dos casos de bronquite.
- Do 95% dos casos de cancro de pulmón.
- Do 30% de todas as cardiopatías coronarias.
- Parte importante dos casos de cancro de esófago, vexiga urinaria, cavidade bucal e larinxe.
Os fumadores pasivos/as:
Demostrouse que as persoas que non fuman, pero que respiran o aire contaminado polo tabaco (fumadores pasivos/as) tamén corren riscos. Inhalar o aire contaminado polo fume do tabaco incrementa o risco de padecer as mesmas enfermidades de corazón e de pulmón que os fumadores/as. Ademais, se padecen problemas alérxicos, asmáticos ou cardiovasculares, poden ver agravada a súa sintomatoloxía.
Estes riscos son especialmente significativos no caso das mulleres embarazadas e os nenos/as. Durante o embarazo existe un risco superior de aborto espontáneo, de nacemento prematuro ou de baixo peso ao nacer. Nos nenos/as, a exposición ao fume do tabaco aumenta o risco de morte súbita do lactante e increméntase o risco de infeccións respiratorias, asma, neumonía e otite. Tamén se demostrou un empeoramento dos pícaros/as asmáticos expostos ao fume do tabaco.
Produce dependencia?
A dependencia física do tabaco é evidente na maioría dos fumadores/as. A dependencia psíquica ten ademais un efecto intenso nas súas vidas.
O fumador/a regular ó que se lle priva bruscamente da súa dose, experimenta unha sensación de carencia. Pode atoparse tenso/a, nervioso/a, irritable, angustiado/a e mesmo deprimido/a. Pode tremer, suar e resúltalle difícil reprimir o desexo de acender de novo un cigarro.
É posible deixar de fumar sen axuda específica. Sen embargo, é posible atopar consellos e axudas diversas para deixar de fumar por parte do médico de familia ou nunha consulta especializada. Os numerosos métodos para deixar de fumar poden utilizarse baixo control médico:
- Sustitutivos da nicotina (parches, chicles, vendidos en farmacias) que permiten a desintoxicación progresiva da nicotina e reducen os efectos de abstinencia nos fumadores/as dependentes.
- A axuda psicolóxica, individual ou grupal, na que poden incluírse relaxación e técnicas respiratorias, dietética, etc.
Canto se consome?
Segundo o Informe sobre a Enquisa Domiciliaria sobre o Alcohol e outras Drogas (EDADES) do ano 2014/15 da Delegación do Goberno para o Plan Nacional de Drogas:
O tabaco é a segunda substancia psicoactiva máis estendida entre a poboación de 15 a 64 anos en España, rexistrándose que o 72,5% fumou tabaco algunha vez na súa vida. Esta prevalencia apenas cambiou con respecto ao ano 2013 e continúa por encima do 70% tal e como comezou a observarse desde 2009. O primeiro consumo de tabaco prodúcese aos 16,4 anos máis ou menos, sen que ao longo da serie contempláronse cambios notables neste sentido.
Pola súa banda, 4 de cada 10 individuos recoñecen fumar tabaco no último ano, proporción que se mantén estable con respecto ás dúas enquisas anteriores (2011 e 2013).
En relación ao tramo temporal dos últimos 30 días, tamén atopamos certa estabilización da prevalencia con respecto ao ano 2013, obtendo en 2015 que o 38,5% admite fumar no último mes. A extensión do consumo na última década mantívose próxima ao 40% (entre o 37,6% e o 39,4%).
Respecto da prevalencia do consumo diario de tabaco, en España 3 de cada 10 individuos fuman cada día (30,8%), valor que se mantivo estable entre 2011 e 2015. A proporción de persoas que fuma diariamente alcanzou os niveis máis elevados en 2001 e 2003, cando o indicador alcanzou o 35,7% e o 36,7%, respectivamente. Máis ou menos, o consumo diario comeza antes de cumprir os 19 anos, sen producirse cambios desde 2011.
A prevalencia do consumo diario de tabaco é máis elevada en homes, calquera que sexa o intervalo de idade considerado. A menor diferenza entre sexos atópase entre a poboación de 15 a 24 anos, na que aproximadamente 1 de cada 4 fuman cada día (o 25,3% dos homes e o 22,4% das mulleres).
O maior aumento da proporción de fumadores diarios prodúcese entre o grupo de 15 a 24 anos e o de 25 a 34 anos (do 25,3% ao 38,7% entre os homes e do 22,4% ao 29,4% entre as mulleres). Nos grupos de maior idade, a prevalencia de consumo diario descende, máis notablemente entre as mulleres (do 32,4% no grupo de 45 a 54 anos ao 19,7% no de 55 a 64 anos).
Sobre historia
O tabaco foi traído a Europa no século XV por parte dos mariñeiros españois que participaron na colonización de América. A planta de tabaco (chamada “nicotiana” en honra ó seu descubridor, un diplomático francés destinado en Lisboa de nome Jean Nicot) utilízase na Corte para curar todo tipo de doenzas.
Rápidamente aparece a oposición ó seu uso: en Inglaterra, nos países musulmáns, en Rusia onde o fumador/a se expuña á pena de morte.
O uso do tabaco foi popular (masticábase, inhalábase, fumábase en pipa), e á vez signo de refinamento burgués.
E a lei, que dí?
Segundo a Lei 28/2005 do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte o tabaquismo e reguladora da venda, o subministro o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco:
Espazos sen fume
Establecese a prohibición total de fumar nos seguintes lugares que se definen como espazos en fume e deberán estar debidamente sinalados:
- Todos os centros de traballo, excepto nas zonas ó aire libre.
- Centros e servizos sanitarios.
- Centros docentes e formativos.
- Centros sociais para menores de 18 anos.
- Instalacións deportivas e lugares de espectáculos, que non sexan ó aire libre.
- Centros comerciais, e grandes superficies.
- Centros de ocio que permitan a entrada a menores de 18 anos.
- Centros culturais, bibliotecas, museos,..
- Establecementos onde se manipulen alimentos.
- Todos os medios de transporte público.
- Ascensores, cabinas, caixeiros, ...
- E en calquera outro lugar que o seu titular o decida.
Limitacións ó consumo
Poderanse habilitar zonas para fumar en:
- Hoteis e hostais.
- Bares cafeterías, e restaurantes de 100 ou máis metros cadrados útiles.
- Salas de festa, de xogo... para maiores de 18 anos.
- Salas de teatro e cine e ouros espectáculos públicos que se realicen en espazos cerrados.
- Aeroportos e estacións de autobuses, trens, ..
- Centros de atención social de adultos.
Deberán estar debidamente sinaladas e non se permitirá entrada a menores de 16 anos.
Limitacións á venda
Prohíbese:
- a venda de tabaco ós/ás menores de 18 anos.
- a venda de cigarros soltos ou en paquetes de menos de 20 unidades.
- o uso de máquinas expendedoras polos/as menores de 18 an os.
- A venda de tabaco en lugares onde este prohibido o consumo.
Estratexias comerciais e publicitarias
Queda prohibido todo tipo de publicidade do tabaco en prensa, radio, televisión, valla, marquesiñas, internet,... e calquera medio e soporte de comunicación. Tamén e prohibe a promoción de produtos do tabaco mediante entregas de premios, sorteos, ... e o patrocinio de eventos musicais, deportivos, ...