Psicofármacos
Os psicofármacos son sustancias depresoras do sistema nervioso central cunha acción sedante. O grupo máis utilizado é o das benzodiazepinas, usadas xeralmente no tratamento da ansiedade, o insomnio, a epilepsia e outros trastornos, por iso pode ser axeitado referirse a ela scomo hipnosedantes.
Teñen acción sedante, causando sedación diúrna a doses baixas e inducindo ó sono con doses máis elevadas.
Psicolóxicos | Fisiolóxicos | |
---|---|---|
Efectos |
|
Sedación que aumenta en función da cantidade consumida |
Riscos | Diminución do nivel de conciencia podendo chegar ó estupor, o coma e a morte nos casos máis graves |
|
Potencian ós efectos doutros depresores dos sistema nerviosos central, como o alcohol, e poden desenrolar dependencia.
O síndrome de abstinencia (que pode durar de 10 días a varias semanas) presenta insomnio, tremores, irritabilidade, inquietude, axitación e ataques de pánico. Pode haber tamén alteracións cognitivas da percepción e somáticas.
Os hipnosedantes son as substancias psicoactivas que empezan a consumirse a maior idade. Máis ou menos, o primeiro consumo prodúcese aos 35,6 anos. En 2015 a tendencia de crecimento de anos anteriores fréase cun leve descenso das prevalencias.
En 2015, o 12% da poboación confirma un consumo, o que representa unha estabilización do indicador con respecto a 2013 (12,2%). Pola súa banda, as persoas que tomaron hipnosedantes nos últimos 30 días representan o 8,1% da poboación, observando que a maioría deles realiza unha inxesta diaria ou case diaria, de máis de 20 días nun mes, o que sitúa a prevalencia do consumo diario no 6% da poboación.
Así, aproximadamente 544.000 persoas iniciaron o seu consumo de hipnosedantes nos últimos 12 meses, sendo a incidencia maior nas mulleres que nos homes (178.000 e 366.000 persoas, respectivamente). En termos de idade, a maior incidencia atópase no segmento de 45 a 54 anos (149.000 persoas aproximadamente). O consumo de hipnosedantes atópase máis estendido entre as mulleres; practicamente, 1 de cada 4 tomou substancias deste tipo algunha vez na súa vida (23,9%).