Cocaína

Cocaína

Que é?

A cocaína é un potente estimulante do sistema nervioso central e é unha das drogas máis aditivas e perigosas.

Trátase dunha droga que se obtén a partir do procesamento químico das follas do arbusto de coca Erythroxylum coca. A finais do século XIX, conseguiuse illar o principio activo contido nestas follas e xurdiron diversas formas de consumo da cocaína (esnifada, fumada, inxectada, etc.) que producen efectos máis rápidos e intensos que a folla mascada e aumentan o risco de desenvolver adicción e dependencia.

No argot da rúa, a cocaína coñécella por diferentes nomes: coca, perico, farlopa, merca, dama branca, neve, etc…

Que aspecto ten?

Existen diferentes preparados a partir desta droga:

  • Cocaína en po ou clorhidrato de cocaína. É a forma habitual de presentación desta sustancia en España. Adóitase consumir esnifada (aspirada polo nariz) e ten uns efectos case inmediatos que duran entre 2 e 3 horas. Aínda que menos frecuentemente, tamén se usa por vía inxectada, en ocasións mesturándoa con heroína, o que dá lugar a un produto que os consumidores denominan “speed-ball” (pelotazo).
  • Basuko ou pasta de coca: É sulfato de cocaína e fúmase mesturado con tabaco ou marihuana. O seu consumo en España é minoritario.
  • Crack ou cocaína base: Consómese fumada e o seu efecto é rápido, intenso e breve. É moi aditiva, aínda que o seu consumo en España é tamén minoritario.

A miúdo é adulterada, cortada ou mesturada con outras sustancias polos/as traficantes, o que incrementa o seu risco e potencia os efectos e as interaccións entre produtos cuxa composición descoñecese.

Que efectos produce no meu organismo?

Durante anos a cocaína gozou dunha imaxe social positiva, ligada ó éxito e á diversión. As consecuencias do seu consumo aparecen despois dalgún tempo traducidas nun aumento das persoas en tratamento e do número de urxencias.

Esta droga psicoestimulante chega rapidamente ó cerebro e os seus efectos aparecen ós poucos minutos do seu consumo.

Efectos psicolóxicos:

  • Euforia, excitabilidade e locuacidade.
  • Aumento da sociabilidade.
  • Aceleración mental e estado de alerta.
  • Hiperactividade.
  • Desexo sexual aumentado.
  • Deterioro da capacidade de xuízo.

En consumidores/as crónicos, a medida que desaparecen estes efectos sobrevén un estado de cansazo e apatía que pode inducir a repetir o consumo.

Efectos fisiolóxicos:

  • Taquicardia e aumento da presión arterial.
  • Diminución da fatiga.
  • Redución do sono.
  • Inhibición do apetito, náuseas e vómitos.
  • Dilatación das pupilas.
  • Suor excesivo.

Que riscos ten o seu consumo?

Riscos psicolóxicos:

  • O consumo crónico e abusivo pode provocar importantes trastornos psíquicos (similares ós das anfetaminas) como ideas paranoides, depresión, esgotamento xeral, crises de angustia etc..
  • A dependencia psíquica da cocaína é unha das máis intensas.
  • A supresión do consumo despois dun longo período da lugar a un síndrome de abstinencia caracterizado por somnolencia, depresión, irritabilidade, letarxia, etc.
  • Trastornos do sono (insomnio, hipersonmia, etc.), da atención e a concentración.

Riscos fisiolóxicos:

  • Problemas cardiovasculares: taquicardias, arritmias, cardiopatías isquémicas, colapsos circulatorios, infarto de miocardio, miocardite, etc.
  • Problemas neurolóxicos: cefaleas, xaquecas, hemorraxias cerebrais, interrupción brusca da actividade cerebral, crises convulsivas, alteracións motoras (tics, dificultades de coordinación), etc.
  • Problemas respiratorios: sinusite, irritación da mucosa, perforación do tabique nasal, hemorraxia pulmonar, pneumotórax, etc.
  • Falta de apetito, anorexia e perda de peso.
  • Alteracións menstruais, infertilidade e impotencia (dificultades para a erección e exaculación).
  • Complicacións obstétricas: abortos espontáneos e toxicidade sobre o feto.
  • Complicacións hepáticas, etc.

Tamén o consumo esporádico pode ocasionar consecuencias adversas ó consumidor/a.

Outros riscos importantes son: o deterioro das relacións persoais (familia e amigos), absentismo e accidentes laborais, diminución do rendemento no posto de traballo, malas relacións cos compañeiros/as, sancións e despido; absentismo e fracaso escolar, no caso dos/as estudantes; accidentes e sancións de tráfico, problemas legais...

Produce dependencia?

O tratase dun potente estimulante. A cocaína provoca unha dependencia psíquica considerable.

É difícil para un consumo agudo de cocaína, xa que a ansia por volver a tomala é moi importante. A calma, aínda consumindo unha sustancia tranquilizante, é difícil de recuperar.

Canto se consome?

Segundo ou Informe sobre a Enquisa Domiciliaria sobre ou Alcol e outras Drogas (IDADES) do ano 2015/16 dá Delegación do Goberno para ou Plan Nacional de Drogas: despois do cannabis, a cocaína en po é a seguinte substancia psicoactiva ilegal con maior prevalencia en España.

Na década entre 1999 e 2009, a súa prevalencia de consumo algunha vez na vida aumentou progresivamente do 3,1% ao 10,2% e, desde aquel ano, mantívose entre o 8,8% e o 10,2%. En 2015, aqueles que probaron algunha vez cocaína en po representan o 8,9% da poboación. Máis ou menos, o primeiro consumo desta substancia realízase aos 20,9 anos. En 2005, o 3% da poboación admitía consumir cocaína en po nos últimos 12 meses, pero este valor foi descendendo ata 2015, cando a prevalencia rexistrada establécese no 1,9%.

cocaína

A extensión do consumo de cocaína en po é superior entre os homes. En 2015, o 2,9% admitiu o seu consumo algunha vez no último ano, o que representa o valor máis reducido da última década, período no que a extensión do consumo viuse reducida progresivamente neste grupo (4,6% en 2005). Pola súa banda, a extensión do consumo entre as mulleres neste tramo temporal mantívose aproximadamente en torno ao 1% nas catro últimas edicións da enquisa.

cocaina 2

O consumo de cocaína base atópase notablemente menos estendido que o de cocaína en po e a prevalencia de consumo algunha vez na vida non alcanza o punto porcentual (>1%). En 2015, aqueles que recoñecen consumir esta substancia algunha vez sinalan que, de media, o primeiro consumo prodúcese antes de cumprir 21 anos.

Sobre a súa historia

Tampouco a cocaína é un descubrimento recente, nas zonas nas que se cultiva, existe dende fai séculos un consumo tradicional consistente en mascar as follas procedentes da planta para liberar así o seu principio activo a obter os seus beneficios. As cantidades absolvidas deste xeito son moi reducidas, polo que apenas se rexistran consecuencias adversas asociadas.

As culturas indíxenas dos países produtores empregaban a "coca" con carácter ritual polas súas propiedades "enerxéticas", que lles permitían realizar traballos físicos de excepcional dureza sen sucumbir o cansazo, as carencias alimentarias eran , así, emendadas grazas ós efectos inhibidores do apetito que ten a cocaína.

Se este e uso tradicional fora o único modo de consumo, probablemente esta sustancia non tería apenas importancia. Sen embargo, desde que se consegue aillar o seu principio activo a finais do século XIX apareceron outras formas de uso cun maior potencial para causar problemas ó consumidor/a.

A lei que dí?

Como xa vimos no cannabis, o consumo público de todas as drogas está sancionado administrativamente. Do mesmo xeito, sanción pode ser substituída polo tratamento de deshabituación axeitado. A consellería de Sanidade, en colaboración cas Subdelegacións do Goberno das catro provincias galegas ten o Programa Alternativa destinado a aquelas persoas que sexan infractores/as e non cumpran criterios de adicción, polo que se supón que non necesitan de tratamento.

Na interpretación do Código Penal, os tribunais de xustiza consideran a cocaína entre as drogas "que causan grave dano a saúde". Por isto, as condutas sinaladas ó falar de cannabis (cultivo, trafico, ...) están penalizadas cun mínimo de 3 a 9 anos de prisión e multa "do tanto ó triplo" do valor das drogas.

Respecto a condución de vehículos a motor e ciclomotores, a pena é a sinalada para o caso do cannabis: unha pena de arresto de 8 a 12 fins de semana ou multa de 3 a 8 meses, así como a privación do dereito a conducir de 1 a 4 anos.