Campañas

As nosas campañas

PROGRAMA DE INFORMACIÓN E ASESORAMTENTO PSICOLÓXICO E LEGAL

O programa de Información e asesoramento psicolóxico e legal, está dirixido a persoas afectadas polo VIH e as súas familias, para a posta en marcha do mesmo contamos coa aportación económica da Deputación da Coruña, cunha subvención de 11.974,39 euros.

DORNA 2024

Como vimos facendo dende hai varias sinjladuras, este ano tamén tivemos unha estreita colaboración coa Confraría da Dorna promovendo a campaña de sexo sejuro. Nesta ocasión ademais extendemos a temática e tamén estivemos publicando nas nosas resdes varios post alusivos á prevención das violencias sexuais, co hashtag toleranciacerocasviolenciassexuais.

Día da Loita contra o Uso Indebido e o Tráfico Ilícito de Drogas

O problema mundial das drogas plantea un reto de múltiples facetas que afecta á vida de milleiros de persoas en todo o mundo. Dende as persoas que padecen trastornos por consumo de substancias ata as comunidades que se enfrontan ás consecuencias do narcotráfico e a delincuencia organizada; o impacto das drogas é complexo e de gran alcance. Para facer fronte a este problema é imprescindible adoptar un enfoque baseado en probas científicas que dean prioridade á prevención e tratamento.

A campaña deste ano pon de manifesto que as políticas eficaces en materia de drogas deben estar baseadas na ciencia, investigación, o pleno respeto dos dereitos humanos, a compaixón profunda e comprensión das implicacións sociais, económicas e sanitarias do consumo de substancias.

NON PERDAS O RUMBO: USA CHUVASQUEIRO

Nesta LXXV Sinjladura dende Renacer colaboramos, como tódolos anos, na prevención de condutas sexuais de risco co reparto de 2000 preservativos.

O lema desta campaña é: Non perdas o rumbo: Usa chuvasqueiro.

SIDA

" CON QUEN QUEIRAS E CANDO QUEIRAS, ELIXE O QUE QUERES COMPARTIR"

CAMPAÑA DORNA 2022

Molla todo o que queiras que non cala. SEMPRE CHUVASQUEIRO! Campaña de reparto de preservativos na LXXIV Singladura